O método histórico céntrase na orixe e evolución do tema de estudo e especifícase nunha cronoloxía de tempos e fitos.
O coñecemento é algo cultural e histórico, que está ligado ao espazo e ao tempo no que nos atopamos. Integramos ao noso coñecemento as cousas que nos son accesibles e isto cambia co paso do tempo.
É importante que todo estea documentado. O gran problema, por coñecemento, é que non hai datos. Isto sucede a miúdo, por exemplo, cando se estudan o paleolítico, o neolítico ou as civilizacións antigas. Outro exemplo é o feito de que non existe unha receita canónica de tortilla de patacas.
É importante coñecer a historia máis alá do tema de estudo. Ter unha cultura xeral e coñecer a historia da humanidade, nun nivel mínimo, é importante para entender calquera cousa, xa que as cousas sempre están en relación co seu contexto.
Un mapa histórico, cunha cronoloxía dos tempos e dos fitos que provocaron un cambio de paradigma.